Wednesday 08 de May de 2024

Inicio do Curso de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes


O Concello de Ortigueira foi elixido como unha das sedes formativas do Programa de Emprego Local da Deputación dá Coruña para este ano 2023.

No día de hoxe, no centro San Roque, deu comezo o Curso de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, no que 11 persoas desempregadas van adquirir formación nesa materia ata o próximo mes de xuño.

Esta formación, que inclúe prácticas en empresa e certificado de profesionalidade, ten como obxectivo dotar aos participantes de ferramentas para facilitar a súa inserción no mundo laboral.